Actualidad de Barreiros

Benquerencia  ::  Como llegar  ::   Weblog-Actualidad  ::  Emigracion  ::  Camino  :: Foro

Barrios  :: CIR  :: Fiestas :: Guia :: Historia  :: Iglesia  :: Indianos  :: Recuerdos  :: Rural :: Lins :: Tiempo  :: Descargas :: BOP
Castro :: Diapositivas  :: Esfericas  :: Galeria :: Ortofotos  :: Panoramicas  :: Playas :: Videos :: Calendario  
  • Home
  • InfoWeb
  • Agenda
  • Concello
  • Servicios
  • S. Deportivas
  • S. Culturales
  • Peña Barcelonista
  • Club Ciclista
  • Iberia
  • Celta de B.

 

Peña Barcelonista

 

http://www.penhabarcelonistasanmiguel.jimdo.com/
  
A Peña Barcelonista San Miguel celebra o 10º aniversario
12 de Noviembre de 2007

A Peña Barcelonista San Miguel, de San Miguel de Reinante, fai público as próximas actividades a celebrar no mes de decembro con motivo do seu 10º aniversario. Para empeza-lo mes, o día 1 están previstos dous actos. En primeiro lugar, ás 15 horas, procederase a colocar unha pancarta conmemorativa do 10º aniversario. A ubicación da mesma será no centro do pobo, cruzando a estrada Nacional. Esta pancarta estará instalada polo menos ata finais de ano, ainda que os mais forofos dicen que estará alí ata que se celebre o 20 aniversario. Os foráneos que circulen por esta nacional, ó ve-la pancarta saberán que neste pobo enténdese de fútbol. 

Acto seguido, ás 16.30 horas, disputarase un partido de fútbol da máxima rivalidade. A Peña Barcelonista San Miguel enfrentarase á Peña Madridista do Eo, de Ribadeo. Ó remate do mesmo haberá unha merenda de confraternidade. Dende aquí a Peña Barcelonista San Miguel, quere agradecer á Peña Madridista do Eo a sua participación neste acto. Para a fin de semana seguinte están organizando unha viaxe a Barcelona, para presencia-lo partido de liga no Camp Nou, Barça-Depor. Os membros da peña desplazaranse á cidade catalana en avión, estando previsto a saida para o día 8 de decembro e a volta para o día 10. 

Para o sábado día 15 está previsto a celebración dun maratón de fútbol sala de peñas barcelonistas. Varias peñas da zona xa confirmaron o seu interese en participar. O torneo terá lugar no pabellón de deportes de San Miguel de Reinante. Ó remate do mesmo, ofrecerase ós participantes e acompañantes uns pinchos e un viño galego no local social da peña. Tanto no maratón de fútbol sala como no partido contra a peña madridista, a entrada ó recinto deportivo será gratis. O venres día 21 celebrarase a cea de Nadal, que ademáis coincide casi en data (20-12-2.007) co 10º aniversario. Será ás 10 da noite nun restaurante da zona. 

Finalmente e antes de facer un pequeno parón para celebra-lo Nadal, os socios e afeccionados xuntaranse no local social para ver por tv o partido de liga Barça – R. Madrid, que será o 22-23 de decembro. Para apuntarse a calquera destas actividades ou para recibir más información, podense dirixir a Jose (Presidente da peña – 649 57 13 60). 

Dende a peña, coma sempre, animan a todo-los afeccionados, sexan socios ou non, a participar con eles do ambiente barcelonista e do clima familiar que reina entre eles. Unha peña pequena en número de socios, pero grande en ilusión e barcelonismo.   VISCA O BARÇA – VIVA A PEÑA   PEÑA BARCELONISTA DE SAN MIGUELLA FUNDACION DE LA PEÑA BARCELONISTA SAN MIGUEL.   A Peña Barcelonista San Miguel fundouse a finais do ano 1.997, na localidade de San Miguel de Reinante (Lugo), fruto do acordo de varios amigos desa localidade, que durante a tempada 1.996 – 1.997 se xuntaban no actual local social, Pub Popeye, para presencia-los partidos do que “nosoutros consideramo-lo mellor equipo e clube do mundo, o Barça”. 

  pbsanmiguel@yahoo.es

WP Theme & Icons by N.Design Studio

Categorias

Calendario

Agosto 2010
L M X J V S D
« Jul    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Ultimos comentarios

  • remco en La Audiencia falla a favor de un promotor al considerar que no obró en suelo rústico en Barreiros
  • remco en La Xunta ve el convenio de Barreiros como única salida
  • Reme en Fallecimiento de la Señora Doña Rosa Maradona Pérez
  • remco en ¿Qué pasa?, que no pasa nada
  • pedro paramo en ¿Qué pasa?, que no pasa nada
  • pedro paramo en No habrá legalización en Barreiros si los promotores no pagan
  • remco en Nuevo golpe para la ganadería mariñana, al quedar 266 granjas excluidas de ayudas de la PAC
  • Administrador en Rego solicita, del conselleiro de infraestructuras, información sobre las razones por las cuales la Xunta invertirá mil millones de pesetas en Barreiros

Ultimas entradas

  • Toda una aventura en África
  • La Peña Barcelonista San Miguel empieza la temporada 2.010 – 2.011 con actos y deporte
  • Entre Alemania y Barreiros, mas de dos decadas veraneando a 2.000 kilometros
  • BNG y PSOE reclaman el arreglo urgente del vial dañado en el acceso a la capilla de San Caetano
  • La Xunta aprueba el Plan de Ordenación do Litoral que levanta la prohibición de construir a 500 metros en 514 hectáreas
  • COCIÑANDO CONTOS
  • Un grupo de Seminaristas hacen el Camino de Santiago por Barreiros
  • Críticas en Barreiros por las motos acuáticas que invaden las zonas de baño

Mas de Benquerencia

  • Barreiros.info
  • Benquerencia
  • Benquerencia.info
  • Como llegar
  • Contactar
  • Galeria fotografica
  • Weblog-Actualidad

Publicidad

  • Avelaiña
  • Hotel Ria do Masma
Free counter and web stats