Actualidad de Barreiros

Benquerencia  ::  Como llegar  ::   Weblog-Actualidad  ::  Emigracion  ::  Camino  :: Foro

Barrios  :: CIR  :: Fiestas :: Guia :: Historia  :: Iglesia  :: Indianos  :: Recuerdos  :: Rural :: Lins :: Tiempo  :: Descargas :: BOP
Castro :: Diapositivas  :: Esfericas  :: Galeria :: Ortofotos  :: Panoramicas  :: Playas :: Videos :: Calendario  
  • Home
  • InfoWeb
  • Agenda
  • Concello
  • Servicios
  • S. Deportivas
  • S. Culturales
  • C.I.R.
  • Arco da Vella
  • Ollomao
  • Apned
  • Afammer
  • Bítere
  • Coral de Barreiros

 

Apned

Asociación de Pais/Nais de nenos/as con discapacidades da Mariña de Lugo

tf 606623278                       email: apnedlugo@yahoo.es

APNED  ucatea   

A  Asociación de Pais/Nais de nenos/as con discapacidades da Mariña de Lugo xurde do descontento, das numerosas necesidades e dos poucos servicios que temos a nosa disposición, os pais e persoas que a constituímos para atender ás necesidades dos nosos fillos, para convivir con eles e para facilitarlles unha vida apropiada para o seu desenvolvemento.  Estas necesidades dan lugar a varias xuntanzas que transcurriron no inverno do 2000, froito das cales orixinase un pequeno debate sobre a necesidade de crear unha Asociación que poida pelexar polas nosas demandas tanto para nós como pais como para os nosos cativos.    Os promotores de APNED somos un grupo de pais e persoas que conviven ou conviviron coa experiencia decoñecida de ter unha persoa coa que non podemos tomar contacto moitas veces, polo menos dun xeito espontáneo. Todos sufrimo-la ausencia de información, recursos, atención e solucions: Nalgún momento arrastramos unha serie de inconvenientes, problemas ou necesidades e poucas vías de solución para as mesmas. Tras estas xuntanzas nace a nosa Asociación en Foz, no ano 2001; todos os membros somos persoas que nunca  pensamos ter un problema deste alcance dentro do noso núcleo familiar. Ainda hoxe en día nos  preguntamos que fixemos mal para  ter un pequeno/a diferente, teña a discapacidade que sexa. A resposta é sinxela: os pais dos nenos con discapacidade de maña son os nenos e xoves “normais“ de hoxe. A nosa andadura partiu disto.  O  principal obxectivo de APNED é consegui-la máxima integración/normalización  destos pequenos e futuros cidadans. Como na maioría dos casos, eles non poden reivindica-los seus dereitos,  nos eriximos como os seus defensores e queremos  que estes cativos dispoñan dos mesmos recursos e atencións que teñen e tivemos todos os demais, referímonos con isto ós que somos considerados normais: non queremos máis pero tampouco menos  dereitos que os de calquera cidadán.   Hoxe, despois de dous anos, a convivencia coa discapacidade ensinounos: a  importancia dos pequenos detalles nas nosas vida e a temporalidade na que vivimos. É coma se gracias os nosos cativos lembrásemos, cousas moi importantes para a vida, valores sociais, personais e humanos  que tiñamos medio abandoados. Ademais, os nosos pequenos ensinaronos a vivir dun xeito distinto, mais humano e persoal. Nós só podemos devolverlle estas consecucións, facilitándolle medios para que poidan ser o mais independientes e autónomos para así acada-la máxima liberdade na súa vida. A isto dedicamos todo o noso esforzo e traballo en APNED.  Sabemos que existe unha amplia poboación con necesidades atencionais en discapacidades, algún problema familiar  e individual, e moita capacidade de superación. O que temos claro é que calquera persoa pode chegar a estar na nosa situación e que o feito de  ter un neno ou unhna persoa con discapacidade non significa dar ou ter pena, senon axudar a facerlle unha vida mais predecible e fácil de entender. Axudar nesto significa tratalo igual cos demais pero quizás con algo mais de paciencia.     

 

WP Theme & Icons by N.Design Studio

Categorias

Calendario

Septiembre 2010
L M X J V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Ultimos comentarios

  • rjp en Barreiros afronta el primer fin de semana de septiembre, con buen tiempo, sin servicio de socorristas en las playas
  • pedro paramo en López Lens promete que trabajará por que Barreiros deje de ser el concello “máis abandonado da Mariña”
  • rjp en López Lens promete que trabajará por que Barreiros deje de ser el concello “máis abandonado da Mariña”
  • pedro paramo en En Barreiros se pierden 450 millones de euros
  • remco en En Barreiros se pierden 450 millones de euros
  • lugo82 en BARREIROS GAÑOU DE NOVO O DESAFIO A FOZ
  • rjp en El BNG pide al PP de Barreiros que no se le pida apoyo para solucionar el problema urbanístico
  • rjp en Medio centenar de personas protestan por el derribo de un hórreo en Barreiros

Ultimas entradas

  • Reigosa y Remior vencen en el torneo barreirense de volei playa de legación
  • Barreiros afronta el primer fin de semana de septiembre, con buen tiempo, sin servicio de socorristas en las playas
  • Arde un alpendre lleno de herramientas, madera y electrodomésticos en Reinante
  • Multa de 2.160 euros tras caer un obrero al vacío en Reinante
  • Fallecimiento de la Señora Doña Giles González Rodríguez
  • Los socialistas de Barreiros alertan del peligro de no tener socorristas en las playas
  • El BNG de Barreiros denuncia el estado de Santo Estevo do Ermo
  • Las playas de Barreiros son las primeras en quedarse sin socorristas

Mas de Benquerencia

  • Barreiros.info
  • Benquerencia
  • Benquerencia.info
  • Como llegar
  • Contactar
  • Galeria fotografica
  • Weblog-Actualidad

Publicidad

  • Avelaiña
  • Hotel Ria do Masma
Free counter and web stats