El diputado socialista Ismael Rego denuncia que la Xunta de Galicia va a hacer pagar a todos los gallegos las presuntas irregularidades urbanísticas cometidas en Barreiros, permitiendo que se privaticen beneficios y asumiendo con fondos públicos la reposición de una situación creada por el incumplimiento del marco jurídico vigente. También se pregunta Rego si la Xunta de Galicia va a imponer este modelo en todos los Ayuntamientos de Galicia que se encuentren en situación similar a la de Barreiros.
Redacción – 10-03-10 http://www.cope.es/de-la-costa/barreiros
O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou na Cámara Autonómica unha iniciativa na que interpelará á Xunta sobre situación urbanística do Concello de Barreiros.
Rego sinala que ao concello de Barreiros suspendéuselle a normativa urbanística municipal por incumprimento reiterado do marco xurídico regulador do urbanismo de Galicia en distintos eidos e con actuacións por parte dos responsables municipais do concello, tales como, por poñer algúns exemplos menores: o flagrante incumprimento de adaptación da súa normativa á lexislación urbanística, ou o outorgamento de licenzas de obras en solares non urbanizados ou non urbanizables e carentes de servizos de todo tipo e previsión deles.
O deputado advirte que a irresponsabilidade dos que adoptaron a decisión do outorgamento das ditas licenzas á marxe das previsións do ordenamento xurídico vixente, chegou non só a supoñer un grave problema, e un certo fraude para aqueles cidadáns que de boa fe puideron chegar a adquirir unha vivenda que non ten garantidos servizos tan básicos como enerxía eléctrica, auga, saneamento e tratamento de vertidos, etc; senón que, ademais, o volume das vivendas construídas ou con licenza para facelo, pon en grave risco a provisión dos ditos servizos para o conxunto da poboación do concello, dada a sensible desproporción existente entre o seu dimensionamento e a poboación que terían que atender.
Explica que o actual Goberno da Xunta de Galicia anunciou nos medios de comunicación un acordo cos promotores dos edificios construídos, ou con licenza para facelo, e os responsables municipais que impulsaron ou permitiron esta situación, a través dun convenio, suponse que co obxectivo de restituír a legalidade alí onde a lei non se cumpre, e, por outra banda, para establecer garantías en relación cos servizos públicos e privados que se teñen que garantir ao conxunto dos cidadáns de Barreiros.
Rego di que o Goberno da Xunta de Galicia parece que pretende facernos a todos os galegos corresponsables das presuntas irregularidades urbanísticas cometidas no concello de Barreiros, permitindo que se privaticen beneficios e, á vez, se asuma con fondos públicos a reposición dunha situación creada polo incumprimento do marco xurídico vixente.
Preguntas en Comisión
Polo exposto o deputado que asina solicita resposta oral ás seguintes preguntas:
1.ª) Cales son as previsións sobre os obxectivos a acadar co acordo anunciado sobre a aprobación dun convenio para afrontar a situación urbanística de Barreiros?
2.ª) Considera o Goberno galego que a reposición da legalidade urbanística na actual situación na que se atopa o concello de Barreiros se pode resolver cun convenio ou acordo entre os que xeraron esta situación e os que a impulsaron ou cando menos consentiron?.
3.ª) O modelo urbanístico do novo Goberno galego contempla a resolución de incumprimentos flagrantes da lexislación urbanística con convenios ad hoc?.
4.ª) Cales son as solucións que achegan os acordos acadados para dar resposta aos casos de incumprimentos flagrantes da normativa urbanística xa construídos ou con licenza outorgada polo responsable municipal que o pretende asinar?
5.ª) Considera o Goberno galego un bo precedente para o futuro desenvolvemento urbanístico de Galicia a política de “vai facendo”, aínda que incumpras o marco xurídico vixente, que xa haberá un convenio para legalizar?
6.ª) Ten previsto o Goberno galego aplicar este mesmo modelo a todos os concellos de Galicia que se atopen en condicións análogas ou similares?
Escriba su respuesta
Debe estar registrado para poder comentar.

Ultimos comentarios