Los nacionalistas consideran que son los vecinos de Barreiros los que tiene que pagar las irregularidades realizadas por otros, sean beneficiarios o no de la actividad urbanística. A Antonio Veiga dijo que le ha cogido por sorpresa la convocatoria de un pleno extraordinario y urgente porque estaba a la espera del que se celebrará el 15 de marzo, para debatir sobre el POL y el futuro PGOM, “sorprendió la rapidez con la que el alcalde llevó la aprobación del convenio, después de tanto esperar por él”
Redacción – 09-03-10 http://www.cope.es/de-la-costa/barreiros
O portavoz do grupo municipal do BNG asegurou que “o Bloque tivo unha postura hai tres ou catro anos e o BNG segue a ter unha postura que cremos que é a que hai que defender si Barreiros quere ter un urbanismo sostible e un urbanismo que xenere recursos para todos e non para catro espabilados. Creo que ese debate se deu en Barreiros e se seguirá a dar porque a Xunta do bipartito dicía que non había servizos e procedía a unha paralización para correxir esta situación e a Xunta do PP díxolle o mesmo a Alfonso Fuente, non hai servizos e haberá que dotarse deles. ¿Cómo se fai? Con este convenio, esa é a proposta do PP, de 14 millóns de euros onde estarán os promotores sufragando a parte que lle corresponde ao Concello, agardamos que con máis sorte que co convenio da auga xa que a maioría se deron o piro e non se lles puido executar o aval, e tamén con aportacións da Xunta e da Deputación”.
A Veiga Outeiro non lle parece lóxico que “unhas institucións invistan cartos públicos para solucionar unha desfeita que outros provocaron. O argumento que usaba Alfonso Fuente no pleno dicindo que este convenio supoñía a inversión de 4.500 euros por habitante nós o rebatimos dicíndolle que será para determinados habitantes, xa que para os da zona sur non será así. Non sabemos cómo calculou esa media porque todos os servizos se van concentrar nesas catro parroquias, son para catro parroquias e non para todo o concello”. Desde o BNG consideran que “Barreiros despois deste convenio seguirá igual que hai 20 ou 30 anos, sin acceso ás novas tecnoloxías na zona sur, sen saneamento porque é o único concello de toda A Mariña que ten todas as zonas rurais sen saneamento, polo tanto o convenio non é para todos. Tampouco contempla o subministro eléctrico que é importantísimo”.
Os nacionalistas manteñen “e seguimos a defender que son os beneficiarios da actividade urbanística, como recolle a lei en moitos casos, os que deben dotar de servizos a esas zonas que pretenden desenvolver e eso non se lles pode cargar a todos os cidadáns. Todos os veciños estamos a pagar esa desfeita e por eso non puidemos votar de xeito favorable a esa proposta de convenio, ainda que entendemos que é a única saida posible. Outra cousa será ir vendo cómo se desenvolve o convenio, si se cumpren as anualidades e en qué condicións se van cumprir porque aquí chove sobre mollado e este Concello é referencia da chapuza en todos os sentidos”.
O BNG non refrendou, segundo Antonio Veiga, “toda a política de desfeita urbanística que fixo o PP nestes anos e que ao final a temos que pagar todos os galegos e todos os barreirenses, teñamos ou non beneficios no campo urbanístico, imos todos no mesmo lote. Os da zona sur de Barreiros teñen que pagar os servizos aos da costa sen recibir nada a cambio, porque ese convenio váise pagar cos cartos de todos os contribuintes de Barreiros. Fomos o único grupo que non votou a favor deste convenio, nin tampouco en contra, pero o BNG foi o que puxo os puntos sobre as íes e quen seguiu defendendo o mesmo que hai tres ou catro anos e nesa liña de coherencia seguiremos a traballar para vixiar tamén polo cumprimento dese convenio”.
Escriba su respuesta
Debe estar registrado para poder comentar.

Ultimos comentarios