En el Ayuntamiento de Barreiros el POL afecta a 3.374 hectáreas, de las cuales 2.650 están fuera de los 500 metros de costa. Según los nacionalistas el POL prohíbe edificar en Barreiros en suelos que la propia Xunta considera urbanos.
Redacción – 10-02-10 http://www.cope.es/de-la-costa/barreiros
Os nacionalistas non deixan de considerar curioso a doble linguaxe do PP que despois de realizar unha campaña de insidias afirmando que o Plano do Litoral do Bipartito non ía permitir edificar por baixo da franxa dos 500 metros, agora preséntanos unha proposta que no caso de Barreiros significa a ordenación de usos por riba da franxa dos 500 metros cifrada en 2650 hectáreas. Neste sentido desde o BNG queren recordar a prohibición de usos residenciais por riba dos 500 metros nunha dimensión de 281,75 hectáreas, dándose o paradoxo da prohibición para edificar mesmamente por riba da estrada N-634 en San Miguel de Reinante.
O Consello Local do BNG considera que o Plano establece usos do solo sen atender a criterios regrados, na máis absoluta discrecionalidade, plantexando solución distintas para realidades que son iguais, criando inseguridade xurídica e abre a porta ao urbanismo a carta, realidade tan coñecida neste Concello. Nesa liña os nacionalistas solicitan que o PP explique por que non se pode edificar en solo clasificado como urbano tanto nas normas do 94 como nas normas provisorias da Xunta do 2007 (centro urbano de San Miguel) e abre a porta para a edificación en solo hoxe considerado de protección forestal como os Caxigais. Tamén tería que aclarar o PP por que no centro de San Cosme pola beira riba da N-634 pode seguir expansionandose o núcleo e porén para beira de baixo da estrada non se permite a expansión residencial. Na mesma liña na zona dos Caxigais só se fixan dúas bolsas de protección forestal, lóxico se atendemos ao seu carácter de monte, e sen embargo no resto da área que tamén conta mesma masa árborea se clasifica como de mellora ambiental e paisaxística. Xa por último os populares nos deberían clarexar por que usos que permite a normativa provisoria da Xunta como residenciais, agora son denegados ao caracterizar esa área como de protección
Os nacionalistas consideran grave que o Plano veña a prohibir usos residenciais en varios solos que teñen a consideración de urbanos no Planeamento en vigor aprobado pola propia Xunta. Neste sentido hai que ter en conta que se fixa como área de protección toda a bolsa de solo urbano que vai desde a Anguieira a Remior, zona por outra banda xa edificada, o que significa que o conxunto desas promocións queden foran de ordenación. Non estaría mal que o Conselleiro do ramo e o Alcalde de Barreiros nos expliquen como teñen pensado resolver o litixio urbanístico de Barreiros cando a maioría das vivendas afectadas pola suspensión se concentran na área de protección, que como xa explicamos é unha área onde non se permiten usos residenciais.
O Bloque Nacionalista Galego solicita que o Alcalde de Barreiros convoque a comisión de estudo do Plano de Ordenación do Litoral e que lle aclare aos veciños deste Concello se lle parece tan axeitado despois dos dados que lle vimos de transmitir desde o BNG sobre este instrumento de Planeamento. Estamos convencidos que o Alcalde deste Concello non faría declaracións tan alegres sobre o contido do POL, se no momento de facelas públicas se tomase a molestia de estudar o documento.

Ultimos comentarios