Xose Manuel Beiras, Camilo Nogueira e numerosos representantes do BNG comarcal, xunto
a familiares, amigos e companeiros deron o seu ultimo adeus a un loitador da cultura galega
PABLO VILL APOL BARREIROS. http://elprogreso.galiciae.com
O enterro de Antón Moreda Rodríguez na súa vila natal de San Miguel de Reinante converteuse nun acto simbólico, moi sentido e triste, no que se deron cita algunhas das grandes figuras do nacionalismo e que impulsaron xunto co finado un movemento cultural que ía acabar por converterse no xermolo da Unión do Pobo Galego que sería, e segue a ser, a forza con mayor presencia dentro do actual Bloque Nacionalista Galego. Xunto a caras tan coñecidas como as de Xosé Manuel Beiras ou Camilo Nogueira atopábanse familiares do propio Moreda, moi agradecidos polo pequeno acto que se lle organizou, así como unha boa representación de diferentes cargos do BNG a nivel comarcal.
O funeral comenzou coa lectura dun poema a cargo da presidenta do colectivo local Ollomao, precisamente o que hai dous anos lle fixo un homenaxe para traelo de volta á súa casa, Ana Ermida.
LE MBRANZAS. Tras ela, un antigo camarada e amigo do propio Antón Moreda, Luis González Blasco, sempre coñecido coma Foz por ser este o seu concello de nacemento, fixo unha intervención curta pero moi intensa lembrando a figura e o traballo que levaran a cabo no Consello da Mocidade Galega «do que tiven a honra de ser expulsado xunto con el», incidente a raíz do cal lembrou que «xa non souberon cara onde tirar e acabaron por desaparecer ». Eso si, citou que aquel episodio foi persoalmente moi problemático para Antón Moreda, porque o botou do seu traballo da editorial Galaxia e imbuiuno nuciclo que acabaría dando con el no centro psiquiátrico no que morreo o pasado xoves «e así seguimos, de derrota en derrota ata a vitoria final», sentenciou González a súa intervención.
Por último, o responsable comarcal do Bloque e tamén veciño de Barreiros, Antonio Veiga, fixo unha intervención breve para lembrar e destacar a vixencia dos valores polos que loitou Antón Moreda, sobre todo de cara ós xóvenes, para acadar que continúen adiante co labor que el desempeñou con tanto ímpetu ó longo de toda a súa vida, tanto en Galicia como en Barcelona ou no tempo que lle tocou estar no exilio de Buenos Aires.
Reconecementos
Colectivos locais e políticos subliñan a súa importancia
A importancia do traballo desenvolvido o longo da sua vida por Anton Moreda foi moi reconecida nos dous ultimos dias por diferentes colectivos. En Barreiros, Ollomao destaco que todo o que fixo o levou a cabo sempre sen esperar nada a cambio e so para acadar que a sociedade pudiera ter un reconecemento pleno da lingua e da cultura galegas. O BNG tamen se volcou coa sua figura. A maxima responsable das suas mocidades, Iria Aboi, desprazouse tamen a San Miguel para o enterro.
Asistentes
Ademais dos concelleiros do BNG de Barreiros, acudiron moitos outros coma Xoan Anton Estua de Cervo, Xusto Fernandez de Mondonedo ou o anterior responsable comarcal do BNG, Ramon Ermida, testemunando asi a impronta que Moreda deixa na historia do seu partido.
Escriba su respuesta
Debe estar registrado para poder comentar.

Ultimos comentarios