Actualidad de Barreiros

Benquerencia  ::  Como llegar  ::   Weblog-Actualidad  ::  Emigracion  ::  Camino  :: Foro

Barrios  :: CIR  :: Fiestas :: Guia :: Historia  :: Iglesia  :: Indianos  :: Recuerdos  :: Rural :: Lins :: Tiempo  :: Descargas :: BOP
Castro :: Diapositivas  :: Esfericas  :: Galeria :: Ortofotos  :: Panoramicas  :: Playas :: Videos :: Calendario  
  • Home
  • InfoWeb
  • Agenda
  • Concello
  • Servicios
  • S. Deportivas
  • S. Culturales
Fallecimiento del Señor Don Jose Fernández Fernández VIAXE A XIXÓN DO ALCALDE
Feb 05

Morreu Antón Moreda, secretario do Consello da Mocidade Galega nos 60

Partidos Politicos Añadir comentarios

05/02/2010 – Javier Rivera / El Progreso (Lugo)

O galeguista Antón Moreda Rodríguez morreu este 4 de febreiro no centro rehabilitador San Rafael de Castro Ribeiras de Lea, onde vivía acollido dende hai corenta anos. Será soterrado este venres 5 de febreiro, ás catro da tarde, en San Miguel de Reinante (Barreiros), a súa vila natal.

Moreda, de 72 anos, dedicou a súa vida ao “ideal soñado por Castelao” e polo Partido Galeguista, no que aínda militaba. Negábase a ser un histórico, porque estaba “en activo”, como destacou na súa última entrevista, publicada por Cristina Arias no suplemento A Chaira-El Progreso, a finais de outubro. Este barreirense xogou un importante papel no proceso de reorganización do nacionalismo despois da Guerra Civil. Moreda foi enviado polos galeguistas exiliados en Arxentina co obxectivo de manter vivo o ideal nacionalista da autodeterminación e a necesidade da acción política, defendida por Castelao, fronte á estratexia culturalista de Ramón Piñeiro e o grupo vencellado á editorial Galaxia. Era o encargado de liderar a Operación Pomba Mensaxeira, destinada a organizar aos nacionalistas como partido.

Este mariñao embarcou en novembro de 1950 para Arxentina, con só 16 anos. No Centro Galego de Bos Aires contactou cos núcleos nacionalistas articulados arredor da Irmandade Galega, que trataban de preservar o pensamento de Castelao fronte á renuncia dos galeguistas do interior. En agosto de 1953 participou na fundación das Mocidades Galeguistas na Arxentina, que desenvolveron unha inxente actividade e publicaron o xornal Adiante, dirixido por Neiras Vilas, no que Moreda publicou parte das súas escritas. Tamén asistíu ao primeiro Congreso Galego na Emigración, en 1956.

De volta en Galicia traballou como viaxante de Galaxia como tapadeira para contactar con novos galeguistas organizados arredor de asociacións culturais e co grupo Brais Pinto, en rebeldía co piñeirismo. Sobre esta base naceu o Consello da Mocidade, do que foi secretario xeral e no que aglutinou un grupo de trinta persoas que despois se espallou por Galicia e sentou as liñas do nacionalimo moderno. En xaneiro de 1964 foi expulsado do consello, acusado de esquerdista pola facción rival.

Tras o fracaso do consello, marcha a Madrid e despois dunha curta estancia en San Miguel remata na súa paradóxica residencia. Era un home que non estaba tolo hospedado nun psiquiátrico.

Ollomao pide que lle dediquen unha rúa en Barreiros
Antón Moreda foi homenaxeado no seu pobo natal a finais do 2007 nun acto organizado baixo o lema ‘A un veciño esquecido’ por iniciativa do colectivo barreirense Ollomao, que onte fixo público o seu pesar pola perda desta figura “tan importante” na historia política e cultural de Galicia. Os directivos desta asociación destacan o traballo de Moreda “sen agardar nada a cambio” e aseguran que traballarán para que non caia no esquecemento a súa loita “polo recoñecemento de Galicia, da súa lingua e da súa cultura”. Ollomao presentará unha proposta nas oficinas do consistorio barreirense para que este veciño de nome a algunha rúa, praza ou espazo público no seu concello natal.

BNG
O BNG expresou este xoves a súa “dor” polo falecemento do dirixente histórico Antón Moreda, que foi “básico” na reorganización do movemento galego despois de que a Guerra Civil tronzase o Partido Galeguista de Bóveda e Castelao. O BNG mostrou a súa solidariedade coa familia do falecido, a quen os nacionalistas galegos erixen nun deses “bos e xenerosos”, como describe Pondal no Himno de Galicia, que deron de si para construír unha “nación galega máis libre e máis socialmente xusta”, subliña o escrito.

Escriba su respuesta

Debe estar registrado para poder comentar.

WP Theme & Icons by N.Design Studio

Categorias

Calendario

Febrero 2010
L M X J V S D
« Ene   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Ultimos comentarios

  • rjp en Barreiros afronta el primer fin de semana de septiembre, con buen tiempo, sin servicio de socorristas en las playas
  • pedro paramo en López Lens promete que trabajará por que Barreiros deje de ser el concello “máis abandonado da Mariña”
  • rjp en López Lens promete que trabajará por que Barreiros deje de ser el concello “máis abandonado da Mariña”
  • pedro paramo en En Barreiros se pierden 450 millones de euros
  • remco en En Barreiros se pierden 450 millones de euros
  • lugo82 en BARREIROS GAÑOU DE NOVO O DESAFIO A FOZ
  • rjp en El BNG pide al PP de Barreiros que no se le pida apoyo para solucionar el problema urbanístico
  • rjp en Medio centenar de personas protestan por el derribo de un hórreo en Barreiros

Ultimas entradas

  • Reigosa y Remior vencen en el torneo barreirense de volei playa de legación
  • Barreiros afronta el primer fin de semana de septiembre, con buen tiempo, sin servicio de socorristas en las playas
  • Arde un alpendre lleno de herramientas, madera y electrodomésticos en Reinante
  • Multa de 2.160 euros tras caer un obrero al vacío en Reinante
  • Fallecimiento de la Señora Doña Giles González Rodríguez
  • Los socialistas de Barreiros alertan del peligro de no tener socorristas en las playas
  • El BNG de Barreiros denuncia el estado de Santo Estevo do Ermo
  • Las playas de Barreiros son las primeras en quedarse sin socorristas

Mas de Benquerencia

  • Barreiros.info
  • Benquerencia
  • Benquerencia.info
  • Como llegar
  • Contactar
  • Galeria fotografica
  • Weblog-Actualidad

Publicidad

  • Avelaiña
  • Hotel Ria do Masma
Free counter and web stats