Actualidad de Barreiros

Benquerencia  ::  Como llegar  ::   Weblog-Actualidad  ::  Emigracion  ::  Camino  :: Foro

Barrios  :: CIR  :: Fiestas :: Guia :: Historia  :: Iglesia  :: Indianos  :: Recuerdos  :: Rural :: Lins :: Tiempo  :: Descargas :: BOP
Castro :: Diapositivas  :: Esfericas  :: Galeria :: Ortofotos  :: Panoramicas  :: Playas :: Videos :: Calendario  
  • Home
  • InfoWeb
  • Agenda
  • Concello
  • Servicios
  • S. Deportivas
  • S. Culturales
Barreiros y Foz pulsan la vena más romántica Fallecimiento del Señor Don Jose Fernández Fernández
Feb 05

AXENDA CULTURA PARA FEBREIRO

Concello, Cultura, Sociedad Añadir comentarios

4 de Febreiro de 2010  www.concellodebarreiros.com

Axenda repleta de actividades en Barreiros durante o mes de febreiro. Unha exposición fotográfica, un concurso de cartas de amor e o antroido son as propostas.

A concelleira de Cultura suliña que “temos un mes completo de actividades e actuacións”. O vindeiro sábado, día 6, terá lugar a inauguración da exposición fotográfica Olladas de muller, visión desde A Mariña. Segundo Adela Rodríguez “trátase dunha selección dos mellores traballos das participantes no curso de fotografía dixital organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade”. A inauguración terá lugar ás 18:30 horas no centro social Manuel Díaz Sampedro. A exposición estará aberta ata o 20 de febreiro de luns a venres de 16 a 19 horas. A edil de Cultura invita “a todos a que vaian disfrutar destas fotografías porque van sair encantados dos traballos que poderán ver”. As celebracións do antroido darán comenzo en Barreiros o 14 de febreiro. “Para as seis da tarde está prevista a actuación dos cabezudos seguidos do desfile de disfraces infantil e xuvenil, con premios para os gañadores e tamén haberá agasallos para todos os participantes. Despois terá lugar o baile xuvenil e infantil co grupo musical Lecer. Neste baile do pano e do tulipán tamén teremos premios e contaremos cun xurado especial para presidir estes concursos”, segue a relatar Adela Rodríguez. A concelleira popular explica que “ás 22:30 horas será o baile de disfraces para os adultos coa actuación de novo de Lecer”. O luns 15 de febreiro haberá de novo baile a partires das 22:30 horas con Lecer e concurso de baile do farolillo e da escoba. Adela Rodríguez agarda “contar con moita afluencia de xente e que veñan a pasalo moi ben”. Todas as actividades do antroido terán lugar no teleclub. Por outra banda, no taller de memoria que se ven celebrando desde hai varias semanas en Barreiros veñen de organizar un concurso de cartas de amor. A concelleira de Cultura asegura que “esta novidosa proposta tivo unha grande acollida entre todos os participantes no taller. Esas cartas teñen que entregarse a vindeira semana, os días 8 e 9 de febreiro, e tamén contaremos cun xurado para seleccionar as mellores e as tres primeiras levarán premio. Todas o merecerían, pero temos que elexir as máis destacadas”.

Data: 4 de Febreiro de 2010

Escriba su respuesta

WP Theme & Icons by N.Design Studio

Categorias

Calendario

Febrero 2010
L M X J V S D
« Ene   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Ultimas entradas

  • Ismael Rego está solo contra el convenio de Barreiros
  • El regidor reconoce que «6 o 7» constructores no depositaron sus avales
  • BNG y PSOE cree que se discrimina a la zona sur y Fuente garantiza más fondos
  • El convenio de Barreiros estará vigente hasta 2013 con obras en cuatro parroquias
  • Rego se pregunta si la Xunta va a solucionar todos los problemas de Urbanismo como en Barreiros
  • El BNG no apoya el convenio urbanístico de Barreiros pero velará por su cumplimiento
  • Fallecimiento del Señor Don José Remior Piñeiro (Pepe de Vicente)
  • La Xunta desbloquea el urbanismo en Barreiros tras 3 años paralizado

Ultimos comentarios

  • Alvaro en Google Maps en Benquerencia
  • Lucho en Todos los sectores parecen dispuestos a entenderse para sacar adelante el POL
  • Roberto en El presupuesto de Barreiros un “paripé” para los nacionalistas
  • Lucho en A firma do convenio urbanístico está pendente dunha reunión entre o conselleiro Agustín Hernández e o presidente da Deputación
  • Renata en El Plan de Ordenación del Litoral será positivo para Barreiros
  • Lucho en El alcalde de Barreiros y el BNG discrepan sobre los beneficios del plan de ordenación del litoral
  • San Bartolo en Vecinos de Barreiros promueven la creación de un club náutico
  • FERNANDO en Non é ningún delito que a xente queira ter unha casa preto da costa

Mas de Benquerencia

  • Barreiros.info
  • Benquerencia
  • Benquerencia.info
  • Como llegar
  • Contactar
  • Galeria fotografica
  • Weblog-Actualidad

Publicidad

  • Avelaiña
  • Hotel Ria do Masma

Meta

  • Entries (RSS)
  • Comments (RSS)
  • WordPress
  • Iniciar sesión
Free counter and web stats