El BNG propone a Alfonso Fuente que contrate personal en su gestoría
Los nacionalistas plantean que para hacer más contrataciones en el Ayuntamiento se convoque un proceso selectivo que garantice la igualdad de condiciones para todos y la transparencia. Antonio Veiga acusó a los alcaldes de Barreiros de contratar “digitalmente”.
Redacción – 02-02-10 http://www.cope.es/de-la-costa/barreiros
O BNG propón que si se fan máis contratacións no Concello se convoque un proceso selectivo que garanta a igualdade de condicións para todos e a transparencia.
Antonio Veiga dicía no pleno do pasado venres “e volvo a recordalo hoxe e incluso facía unha pregunta ao público para saber si alguén dos alí presentes sabía ou lembraba cando foi o último proceso selectivo realizado no Concello de Barreiros para cubrir unha praza… e ninguén se lembra de cando se fixo ese proceso con todas as garantías de igualdade e transparencia en Barreiros. Aquí os sucesivos alcaldes do PP contrataron dixitalmente, e non porque o concello estea inmerso na era dixital porque ainda lle queda moito”.
O nacionalistas sinalan que “si o propio Alfonso Fuente di que ésta é unha forma de combatir o paro, debe ser o alcalde un dos novos gurús da economía no PP, porque parece ser que aí hai moito gurú, moito ilustrado en temas económicos. Xa está ben de demagoxias, dicir que para rematar co paro hai que contratar a todo o mundo na administración pública eso non se sostén. Pero facemoslle unha recomendación ao alcalde porque si quere contratar xente pode facelo na xestoría que ten ao pé do Concello, que contrate na súa xestoría e cos seus cartos o que non pode facer xa no Concello, a ver si a economía da súa xestoría lle aguanta todo eso que lle temos que aguantar todos os veciños”.
Escriba su respuesta
Debe estar registrado para poder comentar.

Ultimos comentarios