Actualidad de Barreiros

Benquerencia  ::  Como llegar  ::   Weblog-Actualidad  ::  Emigracion  ::  Camino  :: Foro

Barrios  :: CIR  :: Fiestas :: Guia :: Historia  :: Iglesia  :: Indianos  :: Recuerdos  :: Rural :: Lins :: Tiempo  :: Descargas :: BOP
Castro :: Diapositivas  :: Esfericas  :: Galeria :: Ortofotos  :: Panoramicas  :: Playas :: Videos :: Calendario  
  • Home
  • InfoWeb
  • Agenda
  • Concello
  • Servicios
  • S. Deportivas
  • S. Culturales
Dic 25

Este Nadal pasea polas rúas o Apalpador

Fiestas 1 Commentario »

25/12/2009 – Aarón López

http://www.galiciae.com/nova/45233.html

Este Nadal está a revivir con forza unha das figuras da mitoloxía popular galega nestes días marcados polos solsticio de inverno: é a lenda do Apalpador, un home vido das montañas da serra do Courel que comproba se os nenos comeron ben durante o ano e lles deixa á beira da súa cama unha presa de castañas.
A recuparación deste persoeiro do imaxinario galego comezou hai tres anos coa aparición do artigo ‘O Apalpador: Personagem mítico do Natal galego a resgate’ do etnógrafo José André López González no Portal Galego da Língua.
Neste escrito, Lopez González recolle o que conta a xente maior da alta montaña luguesa (alá polas Terras de Lóuzara, o Courel e o Cebreiro) e decríbese o personaxe como un carboeiro xigante que usa boina, anda cun casaco esfarrapado e remendado e fuma en pipa.
Así, na noite de Santo Silvestre, o 31 de decembro, (aínda que no mito orixinario isto que se conte tivese lugar nas horas de lúa do 24 do mesmo mes) o xigante barbudo baixa das montañas e visita os nenos cando estes se atopan durmidos.
É entón cando lles apalpa a barriga para saber se comeron ben durante todo o ano. No caso de atopar que o pícaro estea farto, o mítico carboeiro di: ”Así, así esteas todo o ano” e déixalle unha presa de castañas. No caso de atopalo con fame, o Apalpador non di nada e marcha tristeiro, deixándolle tamén unha manchea de castañas ao rapaz.
O mito deste lexendario carboeiro ten diferentes versións polo territorio galego. Deste xeito, André Seoane, historiador e membro da Gentalha do Pichel (a asociación que iniciou a recuperación do apalpador hai xa tres anos) chama a atención sobre que a variante da serra do Courel que expón López González no seu artigo se trata dunha variante ”positiva”, pois é ”un vello que deixa castañas e se preocupa por que os nenos estean ben alimentados”.
Porén, noutras zonas a figura do Apalpador semella próxima a dun demo ou á dun trasno co que meterlles medo aos pequenos das casas. André Seoane ve estas interprentacións do mito coma un efecto da chegada do cristianismo a Galicia que ”ou ben absorbeu ou ben demonizou as tradicións populares pre-cristiás”.
O traballo de recuperación
Tras darse a coñecer o artigo de López González, a comisión de historia da asociación cultural A Gentalha do Pichel, de Santiago de Compostela, decidiu rescatar ao Apalpador do esquecemento secular ao que semellaba condenado, perdurando só nas memorias dos máis vellos habitantes das aldeas rurais galegas.
Así, Seoane explica que o traballo para recuperar a esta figura do imaxinario popular galego tivo dúas vertentes. Por unha parte, ”o traballo etnográfico puro”, que consisitiu na procura de testemuños orais sobre o Apalpador, e por outra banda, alén desta recuperación ”darlle unha dimensión nacional e adaptalo as circunstancias actuais”.
Así, o Apalpador do século XXI é unha personaxe que vén incluso a simbolizar a resistencia ante o consumismo desaforado propio destas datas. ”O enfoque que temos do Apalpador coma un vello carboeiro dos montes do Courel é a dunha persoa preocupada polo medio ambiente, que non cae no consumismo senón que tende a regalar cousas realizadas artesanalmente”, explica Seoane.
Entre as actividades que organiza A Gentalha do Pichel realizouse un obradoiro de xoguetes tradicionais e unha charla do autor do artigo sobre o mítico carboeiro publicado no Portal Galego da Língua, ademais do pasarrúas do Apalpador o día 24 de decembro en Compostela, actividade que xa é o segundo ano que se realiza.
No pasarrúas ‘’sae o Apalpador co seu acompañamento de trasnos dá unha volta pola zona vella de Compostela e reparte castañas entre os nenos”, explica Seoane, que lembra a boa acollida que a iniciativa tivera o ano pasado.
A imaxe do Apalpador
O vello gordecho e de barba vermella que se converteu na imaxe do Apalpador tralo inicio da súa recuperación por parte dos composteláns da Gantelha corresponde ao pintor e ilustrador Leandro Lamas, unha das figuras máis interesantes e orixinais do mundo do debuxo galego e cuxo fermoso traballo se pode ver no seu blog leandrolamas.blogspot.com.
Lamas afirma que non coñecía o mito do Apalpador cando a Gentalha se puxera en contacto con el para crear a imaxe do carboeiro do Courel. Deste xeito. seguiu as directrices indicadas no artigo de López González, ”coma que era carboeiro e empregaba cachimba”, mentres que outros rasgos son produtos da súa imaxinación, coma as zapatiñas que leva o Apalpador.
Non existía unha imaxe do Apalpador ate que Leandro colleu os seus pinceis e debuxou a acuarela ao desfarrapado xigante das montañas. Boina, pipa, saco de castañas e roupa remendada, con pintas case de esmoleiro e sempre rodoeado, no seu vagar invernal, do misterio dos montes galegos. As cores do Apalpador ‘’son as cores da terra”, explica Lamas, ”decidinme polo verde e o marrón por ser cores con presencia na natureza”.
Este ano, tamén o mundo editorial amosa o seu interese polo mito do Apalpador, publicándose nestas datas un total de tres libros sobre esta figura da tradición popular. Un deles, que leva por título ‘O conto do Apalpador’ está ilustrado polo propio Leandro Lamas con textos de Lua Sende e Alexandre Miguens e que edita A Fenda Editorial.
Coa edición destes libros tamén xurdiu unha pequena polémica sobre a imaxe gráfica do Apalpador, pois unha das versións distánciase da liña iniciada por Leandro e das descricións que se teñen nos testemuños sobre esta lenda. Leandro afirma que non entende ese xiro gráfico cando ”o que xa había vai tendo bastante boa acollida”, mais cree que que haxa varias versións do mito pode ser bó para a súa difusión.
Os concellos tamén queren o Apalpador
Este é o primeiro ano que dous concellos galegos toman a figura do Apalpador para as súas actividades culturais do Nadal, feito que sucedeu en Santiago de Compostela e A Coruña. Así, no primeiro deles, baixo o nome de ‘Apalpando as ilusións’ agrúpanse diversas actividades para nenos que teñen como o espazo os centros socio-culturais da cidade, donde se desenvolven obradoiros ou sesións de monicreques co vello das montañas do Courel como protagonista.
Na cidade da Coruña, a visita do Apalpador encádrase dentro do programa ‘O Nadal neneiro’ que levará esta figura polos diversos barrios coruñeses.
Este ano, tamén algúns centros sociais galegos sacan a rúa ao Apalpador, moitos deles por segunda vez. Ademais das actividades do Pichel en Compostela, outro ejemplo é o do CS Madia Leva de Lugo terá a visita do carboeiro o día 30 de decembro, mentres outras actividades xirarán tamén arredor da súa figura, coma unha palestra sobre ‘Mitos e ritos do Nadal’ ou un obradoiro de xoguetes reciclados.
Dende a Gentalha do Pichel todo este ‘boom’ do Apalpador ”vémolo magnífico” afirma André Seoane, ”cando lanzamos a idea hai tres anos o obxectivo era que se difundise o máximo posible”.
Á hora de buscar motivos sobre a rexurdimento do Apalpador,  Seoane expón que ”desde un punto de vista etnográfico o Papa Noel e o Apalpador son o mesmo:  un vello que no máis cru do inverno e no ano que comeza preocúpase porque os máis pequenos das famílias teñan alimento”. Así, cre que o éxito pode vir de ”darlle un contenido galego a este mito e que non sexa mercar directamente o que nos mandan en El Corte Inglés, senón algo cunha base etnográfica”.

WP Theme & Icons by N.Design Studio

Categorias

Calendario

Diciembre 2009
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Ultimos comentarios

  • remco en La Audiencia falla a favor de un promotor al considerar que no obró en suelo rústico en Barreiros
  • remco en La Xunta ve el convenio de Barreiros como única salida
  • Reme en Fallecimiento de la Señora Doña Rosa Maradona Pérez
  • remco en ¿Qué pasa?, que no pasa nada
  • pedro paramo en ¿Qué pasa?, que no pasa nada
  • pedro paramo en No habrá legalización en Barreiros si los promotores no pagan
  • remco en Nuevo golpe para la ganadería mariñana, al quedar 266 granjas excluidas de ayudas de la PAC
  • Administrador en Rego solicita, del conselleiro de infraestructuras, información sobre las razones por las cuales la Xunta invertirá mil millones de pesetas en Barreiros

Ultimas entradas

  • Toda una aventura en África
  • La Peña Barcelonista San Miguel empieza la temporada 2.010 – 2.011 con actos y deporte
  • Entre Alemania y Barreiros, mas de dos decadas veraneando a 2.000 kilometros
  • BNG y PSOE reclaman el arreglo urgente del vial dañado en el acceso a la capilla de San Caetano
  • La Xunta aprueba el Plan de Ordenación do Litoral que levanta la prohibición de construir a 500 metros en 514 hectáreas
  • COCIÑANDO CONTOS
  • Un grupo de Seminaristas hacen el Camino de Santiago por Barreiros
  • Críticas en Barreiros por las motos acuáticas que invaden las zonas de baño

Mas de Benquerencia

  • Barreiros.info
  • Benquerencia
  • Benquerencia.info
  • Como llegar
  • Contactar
  • Galeria fotografica
  • Weblog-Actualidad

Publicidad

  • Avelaiña
  • Hotel Ria do Masma
Free counter and web stats